Blogia
Andresadas

Flora Tristán. Obxectivos da organización

Flora Tristán. Obxectivos da organización Flora Tristán é unha institución feminista que opera dende 1979 coma unha asociación civil sen ánimo de lucro. Unha das súas misións principais é " combatir as causas estructurais que restrinxen a cidadanía das mulleres e o afectan no seu exercício. En consecuencia, propónse incidir na ampliación da cidadanía das mulleres e nas políticas e procesos de desenvolvemento para que respondan a criterios e resultados de equidade e xustiza de xénero".

TAREFAS DA INSTITUCIÓN

- Fortalecer a participación, acción e expresión política do xénero feminino.
- Formular e negociar políticas públicas e iniciativas de reforma legal.
- Xestionar e monitorear programas destinados á consecución de logros estratéxicos para as mulleres.
- Capacitar a axentes claves para a implementación de accións cuxo obxectivo sexa loar e difundir o pensamento feminista: a equidade e a xustiza de xénero, entre outros valores.
- Coñecer novos conceitos que axuden a cimentar propostas sólidas e que enriquezan ás mulleres desde o punto de vista político.
- Informar, educar, comunicar para a opinión pública

0 comentarios